PROGRAMA 2022
Iniciado no 2020 como un proxecto de reactivación e impulso ás artes escénicas, Paula Quintas presenta a continuidade do proxecto nesta segunda edición, con formato de festival, co-organizado co Concello da Estrada e apoiado por Agadic · Xacobeo 21-22 · Xunta de Galicia.
(Para as actividades do Teatro Principal haberá que retirar un convite no departamento de Cultura 986 57 00 30 aestradacultura@gmail.com)
Venres 29 de abril
·20:00h · Alameda Municipal
(en caso de choiva trasládase ao local da Praza do Mercado)
SET de PAULA QUINTAS CÍA
SET é unha peza multidisciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan un espazo compartido. Novos comportamentos e cinética social onde a protección é invisible como mediador da distancia social. A través da tecnoloxía e os límites sociais SET propón un xogo interactivo sen contacto. Playing experience! #Playingexperience #Playinglimits
Dirección: Rut Balbís
Creación: Rut Balbís e Paula Quintas
Intérpretes: Paula Quintas e Nacho Muñoz
Música orixinal: Nacho Muñoz
Vestiario: Fany Bello
Vídeo e fotografía: Ángel Sousa, Manuel Vicente e Margherita Morello
Produción: Galicia Danza Contemporánea
Coa colaboración de: Centro Sociocultural Almáciga · Concello de Santiago de Compostela e NORMAL · Universidade de A Coruña
Venres 29 de abril
·21:00h · Teatro Principal
PINK UNICORNS de LA MACANA
O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de por en escena a un pai co seu fllo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa amplia experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial” co seu querido pai.
Dirección artística: Caterina Varela, Samir Akika & Alexis Fernández
Intérpretes: Alexis Fernández & Paulo Fernández
Deseño de espazo: Tilo Schreieck
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Dirección de produción: Caterina Varela
Unha produción de LA MACANA
Coprodución con AGADIC (ES), THEATER IM PUMPENHAUS (DE), THEATER BREMEN (DE).
Residencias de creación: FUNDACIÓN LUIS SEOANE (A Coruña), PUMPENHAUS (Münster), THEATER BREMEN.
Sábado 30 de abril
·20:00h · Alameda Municipal
(en caso de choiva trasládase ao local da Praza do Mercado)
PEL CONTINUA de PISANDO OVOS
Siempre me dan lo que quiero,
chingan cuando yo les digo,
ninguna me pone pero
Quiere que la cambie de posicione'
Y le gusta y disfruta
Duro quiere que le dé
Siempre he sido una dama
Pero soy una perra en la cama.
Semella que o consumo de cancións como estas están máis que aceptadas na nosa sociedade, sobre todo entre o mundo adolescente, porque? que teñen de atractivo? Unha violencia invisible que seguro vai impregnarse baixo a pel das nosas e dos nosos mozos e que, por suposto, deixará pegada na construción da súa identidade sexual e na forma de relacionarse.
PEL CONTINUA é unha performance que foi creada para o programa Mulleres en Acción - Violencia Zero da Deputación de Pontevedra no 2021 e destinada ao público adolescente. Co foco posto neste grupo de poboación, ten a intención de sensibilizar e convidar á reflexión a todo o público asistente na loita contra a violencia machista dende a expresión do corpo e as artes vivas.
Creación e interpretación: Rut Balbís
Foto: Rosa González
Co apoio de: Deputación de Pontevedra
Sábado 30 de abril
·21:00h · Teatro Principal
MORTAIS E VULNERABLES de FURIA SOTELO
Mortalidade e vulnerabilidade como aquelo que nos une, aquelo común a tódolos corpos, a tódalas existencias. Un corpo como tódolos corpos; na súa particular e única materialización. Unha existencia que se constrúe en relación. Sempre a mútua referencia, sempre a interdependencia, o alimento, o colo, a entrega. As gretas da fraxilidade creadas polo desexo. O teu desexo fortaléceme, o meu desexo vulnerabilizame ante ti.
«Mortais e vulnerables» encabeza un artigo de Efigenio Amezúa, un dos pais da sexoloxía en España e director do Instituto de sexoloxía Incisex. Instituto onde Nuria Sotelo realizou o Master en sexoloxía que lle abriu novos conceptos, mudou moitos confusos e abriulle a ollada a un novo xeito de analizar a realidade dos suxeitos sexuados e as súas relacións. Inevitablemente, o facer artístico de Nuria Sotelo está impregnado de esta nova perspectiva
Creación: Nuria Sotelo, Beatriz Palenzuela e Rafael de la Lastra
Dirección e coreografía: Nuria Sotelo
Intérprete: Alejandra Balboa
Asistentes de coreografía: Alejandra Balboa, Beatriz Palenzuela e Rafael de la Lastra
Colaboracións: Mónica garcía, Nacho Cárcaba, Elisa Medina Hudgins
Son: Mounqup
Deseño Iluminación: Del Ruiz
Fotografía: Rubén Vilanova
Vídeo: Carlota Mosquera e Rubén Vilanova
OBRADOIROS
Sábado 30 de abril
(Para as inscricións dos Obradoiros haberá que enviar unha solicitude ao departamento de Cultura 986 57 00 30 aestradacultura@gmail.com)
·Nuria Sotelo. Para maiores.
De 10 a 11:30h
Obradoiro dirixido a persoas con interés na danza e sen límite de idade.
Usaremos varas de bambú como ferramenta para traballar tres niveis de relación: unha mesma, con outra, co grupo.
Por unha banda a relación co propio corpo, ampliando as posibilidades de movemento e explorando a relación entre o noso lado esquerdo e dereito..
Pola outra xogaremos en parellas, observando a nosa relación co dar e o recibir segúndo coa persoa coa que traballemos, e creando unha linguaxe coreográfica propia en cada sinerxia. Finalmente traballaremos en grande grupo, potenciando a atención e o traballo disociativo da lateralidade así coma o xogo e construcción coreográfica colectiva.
·Alba Fernández Cotelo. Para estudantes de danza: Explorando camiños
De 17 a 18:30h
A primeira parte do obradoiro será de exploración de ferramentas corporais de danza contemporánea e urbana (disociacións, traballo de conciencia corporal e técnica de chan). Na segunda parte do obradoiro, poremos en práctica o aprendido con pautas de creación coreográfica e improvisación.