PROGRAMA 2024
1 de Outubro 2024
11:30h Rolda de prensa
11.30h Intervención Ana Beatriz Pérez- La Guajira
5 de Outubro 2024
Programación de obradoiros
10:00h- 11.00h Obradoiro de Waacking_Danza Club a cargo de Elahood. Lugar: Alameda
11:00h- 12.00h Obradoiro de Waacking_Danza Club a cargo de Elahood. Lugar: Alameda
13:00h- 14.00h Discoteca de Señoras (sesión vermut) a cargo de Marta Alonso. Lugar: Praza Mercado de Abastos
* previa inscrición: aestradacultura@gmail.com / 986 570030
Programación de espectáculos
Lugar: Alameda da Estrada
18.30h: Intempestiva de Elahood
18.50h: Mesura de Raquel Ferradás
19.10h: Minguantes de La Guajira
19:45 Dance Join de Marta Alonso
*Plan B de choiva, anunciarase nas RRSS
Intempestiva de Elahood (Galicia)
17 minutos
Dirección e interpretación: Sabela Domínguez e Julia Laport
Dramaturxia: Gena Baamonde
Música: LLXNTO & Bruno Baw
Inspirada na obra e na figura da recoñecida autora Xela Arias (Premio Letras Galegas
2021), Intempestiva é un retrato en movemento da axitación creativa das novas
xeracións. Un xogo de identidades para cuestionar qué significa facer algo de
proveito.
Primeiro Premio e Premio da Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid
(2021) Premio a Mellor Espectáculo na Plataforma Diálogos Contemporáneos do
Festival DZM de Cáceres (2021).
Mesura de Raquel Ferradás (Galicia)
19 minutos
Dirección e interpretación: Raquel Ferradás
Produce: AMARELO
Acompañada co programa Da Man de AMARELO e Manu Lago patrocinados pola Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego.
A vida fala e estamos en constante cambio, na búsqueda do equilibrio, sen
pasarnos de máis nin de menos. MESURA báilalle á espera en diferentes
momentos da miña vida. E en xeral, á inquietude e preocupación que
xenera. Soster, refuxiarse no movemento, adaptarse ás transicións (ás veces
de forma automática, outras máis consciente) e avanzar.
Comezar de cero é sobrevivir no presente. Non hai pasado no
cero. Hai que saber convivir coa espera para ver o mundo aos ollos.
Minguantes de La Guajira (Galicia - Cuba)
15 minutos
Autoría, interpretación e dirección: Armando Martén e Ana Beatriz Pérez
Espazo sonoro: Ismael Berdei
Texto en off: Rocío González
Vestiario: Ruth D. Pereira e Santos Salgado
Minguantes é unha peza que se adentra no universo temporal de dúas persoas que
van envellecendo. Corpos que surcan o terreo dos cambios, onde todo parece ir
máis de prisa que de costume e xa correr quizá no é unha opción, outra galaxia lles
espera. Desde unha perspectiva minimalista e futurista, presentase o corpo como
máquina motora irremplazable, engrenaxes con data de caducidade, erros no
sistema operativo, o eterno debate entre o querer e o poder, e a pesar de todo
continuar.
O menos que poderían facer é deterse a contemplar o mundo, o máis que desexan,
é seguir andando.
Dance Join de Marta Alonso (Galicia)
20 minutos. Pre-estrea
Dirección e interpretación: Marta Alonso Tejada
Escenografía: Osa + Mujika
Dance Join, “únete a bailar”, é un espectáculo interactivo de danza mesturada co
traballo de clown para espazo non convencional: rúa e interior.
Compartirá con todxs nos nas rúas da Estrada a pre-estrea deste novo espectáculo en
proceso de creación.
6coreógrafas 2024
Dirección e curaduría artística: Paula Quintas
Produción: Ana Quintas e Arturo Cobas
Foto e video: Rafa Martínez e Miguel Gendre
Deseño gráfico: Eva Díaz
Dirección técnica: Valentin Torrado
Colabora: Concello da Estrada, Agadic- Xunta de Galicia
Agradecementos: Xosé Lueiro