top of page

BIO

BIO





PAULA QUINTAS
Unknown.jpeg

 

Ourense 1983

Paula Quintas é bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e pedagoga. Os seus traballos destacan pola estética do corpo en diálogo co movemento, xerando un compoñente visual e circunstancialmente audiovisual.

Co-directora do Festival Corpo(a)Terra (2013-2021).

Co-directora de Abanea  Festival de danza e movemento  (diferentes localizacións en Galicia).

Directora artística do Festival 6coreógrafas do Concello da Estrada (Pontevedra).

Vicepresidenta de RedAcieloabierto - Red de Festivales de danza contemporánea en espacios no convencionales.

Vogal de Danza e artes do movemento en Escena Galega ( 2020-2024)


Traballa coa pedagoxía da danza en Danza Alfaia, cunha liña de investigación contemporánea entorno ao corpo e liñas alternativas de aprendizaxe en Santiago de Compostela, co proxecto regular pedagóxico. Ademáis é especialista en Técnica Laban impartindo obradoiros en diferentes conservatorios e centros privados.

Licenciada na Universidade de Santiago de Compostela en Historia da Arte, presentando o seu proxecto final de carreira en BodyArt e video-creación, graduada no Conservatorio Trinity Laban en Danza contemporánea e diplomada en National Centre for Circus Arts de Londres.

É Máster en Artes escénicas coa proposta de investigación “Filosofía y estética del cuerpo en el circo coreografiado” pola Universidade Rey Juan Carlos -URJC (Madrid) 2019-2020, dirixido por Carlos Roldán. Actualmente, investiga na Universidade de Vigo, unha tese doutoral, dentro do programa creación e investigación en arte contemporánea co director Carlos Tejo.

 

Os seus últimos espectáculos como creadora son O salón dos pasos perdidos (2023), Multiperspectivas (2021-2023), Nina Ninette (2021), SET (2020), Alma (non é hippie) (2019), Plastic (2018), Analepsis (2017), Up2down (2015).

Formou parte da compañía trasPediante, actualmente redefinida como Determinada Compañía, como contedor de proxectos relacionados coa danza e artes do movemento, ademais de formar parte dotras compañías e colaboraciones como Pisando Ovos, Pistacatro, Cia Jui- Wei Hung ,Kirenia Danza, Colectivo Globo ou Duelirium.

Traballa como xestora cultural na promoción da formación profesional dentro do ámbito da danza e o circo na comunidade galega, en asociacións como Escena Galega e Asociación Profesional de Circo de Galicia.

D I S T R I B U I D O R A S: 

Amarelo Distribución Escénica · Danza

Lilian Portelawww.amarelo.es​ 

610106808

Pistacatro · Circo

Belem Brandido: www.pistacatro.com

627778351

C O L A B O R A C I O N E S  P E R M A N E N T E S:

Marta Alonso Tejada

www.martaalonsotejada.com

Determinada Compañía

www.determinadaco.com

IS.MO CULTURA

www.ismocultura.com

Galicia Danza Contemporánea. Manu Lago

www.galiciadanzacontemporanea.gal

Colectivo Glovo

www.colectivoglovo.com

Duelirium

www.duelirium.com

BIO

Desde nena descubrín o movemento e con el, sentín que podía expresar aspectos inmateriais de observación. A partir de aí comencei a interesarme por diferentes disciplinas de movemento cursando danza clásica, funk & hip hop, ata danza española, bolera e flamenco.

Na época adolescente descubrín a danza contemporánea e sentinme identificada coa amplitude de rexistros e movemento que ofrecía, polo que entendía que a arte era máis ampla e que o modo de expresalo conlevaba a moitas ramas da arte.

Licencieime en Historia da Arte, na Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de arte contemporánea. Seguín bailando, formando parte de colectivos, escolas de danza, obradoiros, culturas, idiomas e viaxes, experimentando desde o corpo como soporte, ata que cheguei a Londres, ao Conservatoire Trinity Laban, onde todas esas experimentacións previas comenzaron a ordenarse través do descubrimento dos estudios coreolóxicos e a Labanotation. Todo era movemento e con el, o uso corpo como soporte artístico.

En Londres, seguía estudiando técnicas de danza contemporánea, crítica da danza e anatomía por citar algunhas asignaturas. Tamén descubrín a performance e movementos derivados del, traballando en instalacións artísticas con grupos independentes sumando ramas como a experimentación sonora, o video, a fotografía ou o vestiario: a video-danza.

Por aquel momento fundei a miña primeira compañía Projecto C-F Dance, onde o discurso das accións fluctuaba entre a danza e a performance, como práctica visual. E xustamente nese momento a través da técnica Laban, descubrín que o chan non era o único lugar posible para poñer o corpo en movemento, e aquí comenzou outra nova etapa na miña investigación, a cal expandía o corpo en planos, dimensións e outro tipo de espazo, o espazo aéreo e as artes circenses.

Diplomeime no National Centre of Circus Arts en Londres na especialidade de arame tenso, onde experimentei outras disciplinas como o trapecio de voo, a acrobacia, danza- vertical, o clown…. E aquí comenza o meu perfil a despegar como artista de danza-circo, e a explorar os límites e confluencias entre as disciplinas. Durante aquel momento comencei a traballar con compañías inglesas, asiáticas e polacas.

En 2012 regreso a España, onde comezo a pertencer a diferentes compañías de danza, performance e circo, proxectos de xestión cultural e de pedagoxía, destacando trasPediante, Pistacatro, festival Corpo(a)Terra, a rede de festivais rede Acieloabierto, ou a escola Danza Alfaia. En 2017 fundo a miña propia compañía Paula Quintas- cia xunto coa asesoría artística  de Galicia Danza Contemporánea, xunto cun equipo estable de traballo, desenvolvendo outros proxectos de  xestión cultural como o Festival 6 Coreógrafas. ​

 

Tras realizar un Master na URJC de Madrid, actualmente estou a investigar pola Universidade de Vigo, na facultade de Belas Artes de Pontevedra no Programa Creación e Investigación de arte contemporánea unha tese doutoral, dirixida polo Doutor Carlos Tejo: Límites e confluencias entre a danza e o circo contemporáneo na España do S.XXI, é o título da investigación entre o meu pasado-presente e futuro.

CURRICULUM VITAE

FORMACIÓN

.2021-2025, Doutorado dirixido polo Doutor Carlos Tejo: Límites y confluencias entre la danza y el circo contemporáneo en la España del S.XXI,

Facultade Belas Artes Pontevedra -  Universidade de Vigo,

.2020, Master Artes Escénicas, Universidad Rey Juan Carlos, Madrid

.2012, Diplomada en Artes circenses, especialidade arame tenso. The Circus Space National Centre Arts for Circus  (Londres, Central School of Speech and Drama).

.2010, Graduada en Trinity Laban, en Danza contemporánea, Conservatorie of Music and Dance, Londres.

.2008, Certificado RAD Intermediate-Royal Academy of Dance School.

.2007, Licenciada en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, especialidade Arte Contemporánea (body art e videocreación).

·Formación workshops:

.Investigación en movemento: Kim Jones, Akram Kham, Henri Oguike, Pere Faura, Paz Rojo, Aitana Cordero,Guillermo Weickert, David Zambrano, Lali Ayguade, Les Slovacks, Nadine Gerspacher, Lucas Condró, Vicky P.Miranda, Peter Jasko, Sharon Fridman, Fabian Thomé, Victoria De Ferrari, Rakesh Sukesh, Francisco de Córdoba, Rootlessroot, La Intrusa, Los Innato, Stephanie Dondi, Lucia Marote, Carmen Fumero, Martin Kilvady....

.Arame circense  Les Colpourteurs (Francia) ,Stephanie Bouchard (Montreal,Canadá).

.Teatro físico, Mick Barnfather e Katharine Markee, Peta Lilly, Florent Bergal....

 

 

EXPERIENCIA PROFESIONAL

·Artes escénicas

.2023-2024 Asistencia en movimiento del proyecto Me arrepiento de la compañía Node de Donosti.

.2023-2024 Dirección escénica del proyecto Collige, Virgo, Rosas de la cia  SÖa.

.2022-2023 Interpretación e coreografía O Salón dos Pasos Perdidos, Co- produción do Centro Coreográfico Galego en colaboración con Colectivo Glovo e Fran Martinez

.2022-2023 Dirección The Great Greta de Greta Marí

.2022-2023 Interpretación e coreografía, Multiperspectivas#2 de Paula Quintas- Cía. Proxecto subvencionado  Xunta de Galicia. Dirección Rut Balbís, Anton Coucheiro e Arturo Cobas.

.2022 Interpretación en Tabú de Colectivo Glovo.

.2022, Co-creación e interpretación, Estancia Paisaje, xunto con Colectivo Glovo e Fran Martínez para Danza no Camiño.

.2022, Interpretación e coreografía, Paxaros no Cabo de Pistacatro.

.2022, Co-dirección e co-creación: Cantas patas para un banco de Cia IO.

.2022, Interpretación: Sastrería Elástica, de Colectivo Glovo para Adolfo Domínguez. 

.2021-2022, Interpretación, dirección e creación: Multiperspectivas de Paula Quintas.

.2021, Interpretación: Icono Otero de Kirenia Danza. Dirección Kirenia Martínez.

.2021, Interpretación e co-creación: Clásicas Desfeitas Vol.3 de Manu Lago en coprodución con Cidade da Cultura e Centro Dramático Galego.

Dirección: Rut Balbís, Gena Baamonde e Manu Lago.

.2021, Interpretación, codirección e cocreación: Escenas coreográficas con la Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela e Danza Alfaia.

.2021, Axudante dirección e coreografía: Vértigo de Pistacatro.

.2021, Interpretación e coreografía: Nina Ninette de Determinada Compañía. Dirección María Torres.

.2020, Interpretación e cocreación: SET de Paula Quintas. Dirección Rut Balbís.

.2020, Interpretación: Directo 9 de Pisando Ovos. Dirección Rut Balbís.

.2019, Interpretación e cocreación: Alma (non é hippie) de Colectivo Verticalia. Dirección Rolando San Martín.

.2019, Interpretación: Mezzo de Pistacatro. Dirección Antón Coucheiro.

.2019, Interpretación e cocreación: Tránsito 1 de Determinada Compañía. Dirección Marta Alonso Tejada e Paula Quintas.

.2018, Asistente movemento: Welcome de Duelirium. Dirección Uxía Vaello

.2018, Interpretación e cocreación: Plastic de Paula Quintas. Dirección Rut Balbís.

.2017, Interpretación: Untitled Wires de Paula Quintas.

.2017, Asistente movemento: Contigüo de Cía IO. Dirección Natalia Outeiro “Pajarito”

.2017, Interpretación, dirección e creación: Analepsis de Paula Quintas.

.2016, Interpretación, codirección e cocreación: Coco-ho de trasPediante. Dirección Marta Alonso Tejada e Paula Quintas.

.2015, Interpretación e cocreación: Up2down de Determinada Compañía.

.2015, Interpretación e cocreación: Diálogos de Intento de ProJecto C-F Dance. Dirección Arturo Cobas e Paula Quintas.

.2014, Interpretación e coreografía: Microimpactos de Voltage Opposites Project.

.2014-2016, Interpretación: Baleadas de trasPediante.

.2014-2016, Interpretación: Body of wires de Dizzy O' Dare.(Londres).

.2013, Interpretación e coreografía: La misma piel 3.1 de Voltage Opposites Project.

.2013, Interpretación de  Stop staring it’s not polite, Weronika Cegielska Cia, (Polonia).

.2012, Interpretación, coreografía e dirección: Breakfast Accumulation de C-F Dance.

.2012, Intérprete en Jui-Wei Hung, contemporary dance company, (Londres).

.2012, Intérprete en Marie Brenneis company, performance art and body installation,( Londres).

.2010-2011, Intepretación, coreografía e dirección: 10 gr por cada 180 ml de agua, de ProJecto C-F Dance.

 

·Audiovisual

.2023 Aquarium, dirección Margherita Morello, corto de cine-danza , proyecto subvencionado por Xunta de Galicia.

.2022 Danza no Foco, 16 Thunders e TVG.

.2022 Cápsula Buzón de Baile de Radio3. Radio Nacional de España. Dirección Mosquera De la Vega.

.2022, Interpretación e coreografía Icono Otero de cia Kirenia Danza.

.2021, Interpretación: Propulsa Danza + Paisaxe  + Patrimonio. Videodanza promocional. Dirección Rut Balbís.

.2021, Video Clip, Antonio Luz, Amencer no camiño

.2020, Interpretación, dirección e creación: Límites. Videodanza.

.2020, Video Clip o Son do Galpom, Ansiedade.

.2019, Interpretación: Theading Issues de 16 Thunders.

.2017, Creación video-danza proxecto Abrazos, de Cesc Gelabert, para festival Trayectos.

.2016, Video Clip, Nao. O sol e a treboada

.2015, Interpretación: Y3 de 16 Thunders.

 

XESTIÓN E DIDÁCTICA

·Xestión

.Codirectora de Abanea Festival de danza e  movemento desde 2022.

.Directora de 6coreógrafas, Concello A Estrada.

.Codirectora do Festival Corpo(a)Terra ata 2021.

.Directora de Danza Alfaia. Escola de Danza en Santiago de Compostela.

.Coordinadora Formación profesional en artes do movemento, Compostela.

.Integrante e vogal comisión de danza de Escena Galega, Asociación de Compañías de Artes Escénicas de Galicia.

.Integrante da PAM Plataforma das Artes do Movemento de Galicia.

.Integrante da APCG, Asociación de Profesionais de Circo de Galicia

.Integrante de Emprendo Danza Asociación de Profesionais da Danza de Madrid e FECED Federación Nacional de Compañías de Danza.

.Integrante de Circonove, Espazo de adestramento e escola de circo en Santiago de Compostela.

 

·Didáctica

.Forma parte do elenco de profesorado  de Danza Alfaia, Santiago de Compostela, desde 2012.

.Forma parte do elenco de profesorado do proxecto nacional circense INAC en Porto (Portugal) desde 2016.

.Forma parte do profesorado da Escola Municipal de Artes Escénicas EMAE en A Estrada (Pontevedra) desde 2016.

.Imparte workshops específicos de Técnica Laban e de Danza- Circo en multitude de espazos e entidades como CCG, Unitaria, Conservatorio de danza de Lugo, Compañía Carlos Ovares Costa Rica, Conservatorio de Alicante, TRC Danza, ...

bio gl
bottom of page