TRASPEDIANTE
BALEADAS
TIPO DE ESPECTÁCULO
Danza - plástica - música - poesía e animación en vivo.
PÚBLICO
Familiar. Recomendado para todos os públicos.
SINOPSE
Un xogo coas baleas con cores, e co público de todas as idades onde a danza, plástica, música, palabras e animación bailan e interactúan, reinventándose no mesmo espectáculo.
Baleadas ademáis de presentarse como unha pieza escénica, está funcionando como proxecto educativo en diferentes comunidades. Así se traballou cun grupo de nenxs en Suiza, nun obradoiro específico de Val del Omar no Cgac, e en colaboración coa comunidade ou artistas locais en Mendoza - Argentina, no Festival Palm amb la dansa, En Opera House Stonnington Main USA…
FICHA
Idea inicial: Begoña Cuquejo
Creación, coreografía: Marta Alonso, Begoña Cuquejo, Paulina Funes
Interpretación: Marta Alonso, Begoña Cuquejo, Paula Quintas
Deseño gráfico e fotografías: Paulina Funes
Música orixinal: Piano e dramaturgia musical: Madamme Cell.
Electrónica: Non-ou
Armónica: Ariel Ninas.
Canción con letra dos poemarios: Tuuli Jartti e Dub Squirrel
Vestuario. Deseño e confección: Patricia Agudo Maza
Cesión de vestiario Belén Yañez
Video Promoción: Iago Seoane
Espazo sonoro e montaxe: Begoña Cuquejo e Ariel Ninas.
DURACIÓN
45 min
C - F DANCE
Compañía multidisciplinar basada en instalacións corporais e video creacións
con movemento. Créase co apoio da Deputación de Ourense no 2010.
DIÁLOGOS DE INTENTO
TIPO DE ESPECTÁCULO
Danza- Circo- Instalación
PÚBLICO
Recomendado para maiores de 12 anos.
SINOPSE
Esta acción entorno a unha máquina de escribir, móvese arredor do sentimento universal de distancia que só se resolve co xogo, a liberación das emocións, as normas e o disfrute.
FICHA ARTÍSTICA
Idea orixinal: Arturo Cobas e Paula Quintas
Interpretación: Arturo Cobas e Paula Quintas
Axudante de dirección: Marcos Petete
Música: Varios artistas
Vestiario e atrezzo: Paula Quintas.
TRAXECTORIA
Olalab-Santiago de Compostela.
Festival de artes multidisciplinares somos Rua-Carballo (A Coruña).
DURACIÓN
25 minutos
10gr x 180 ml de agua
2010-2011
TIPO DE ESPECTÁCULO
Espectáculo - performance - instalación - danza
FICHA
Dirección e intérprete Paula Quintas
SINOPSE
Danza-instalación performance- serie de catro propostas escénicas ”10 gr x 180 ml de agua” é a primeira serie de catro pezas en lugar específico adaptable, a cal investiga a fisicalidade nun encontro social nun bistro entre diferentes culturas. Norte e Sur se aproximan ata chegar a crear a proporción xusta: 10 gr x 180 ml de agua. "Idiosincrasia 8" e "Des-equilibrio", son as series sucesivas, onde continuan a búsqueda da taza perfecta, pero cun tratamento inconvencional, ready-made. O culme da serie 10gr x 180 ml de agua chega cunha proposta en promenade onde por medio da taza perfecta o convencional chega a ser un ritual, “Accumulation Fourth", espazos itinerantes. Catro propuestas íntimas femininas, representadas e creadas por catro artistas galegas, Marta Alonso, Begoña Cuquejo, Paulina Funes e Paula Quintas, xerando novos encontros co público, partindo da abordaxe do espazo como móbil creativo.
BREAKFAST ACCUMULATION
TIPO DE ESPECTÁCULO
Performance - instalación - danza
“Breakfast Accumulation” 2012
FICHA
Dirección e intérprete Paula Quintas
SINOPSE
Traballo inspirado na artista surrealista Meret Oppenheim, e a artista finesa Saara Ekström, onde se re-interpretan elementos cotiás en conexión co corpo e co público. A exploración do movemento está basada nas teorías de Rudolf von Laban, e os seus estudos chamados Choreological Studies (estudos coreolóxicos do movemento).
FORMATOS
-Danza- instalación- Vídeo
-Micro Danza-Performance
Traballo basado principalmente na interacción co público.
Acción intimista, Arte presencial, experiencia sensorial.
Aforo para 6 persoas
DURACIÓN
15-20 minutos.
VOLTAGE OPPOSITES PROJECT
VOLTAGE OPPOSITES PROJECT compañía galega escénica, creada no 2013, desenvolve diversas liñas de investigación entorno á relación entre a danza contemporánea , o vídeo en tempo real e a experimentación sonora, traballando as múltiples formas de interacción entre o CORPO FÍSICO, CORPO DIGITAL e CORPO SONORO nunga interioridade/exterioridade creadora de sinestesias e significantes.
LA MISMA PIEL 3:::1
TIPO DE ESPECTÁCULO
Performance/Live video-Dance Installation
SINOPSE
La Misma Piel combina as diferentes liñas de investigación centrándose na TEMÁTICA FEMININA. Os múltiples condicionantes da muller malabarista da súa realidade. O extremo da completitude e perfección que se lle apremia a conquistar é mera ilusión, xa que o que se lle esixe non é o importante. Nesta tarefa a muller pérdese a si mesma.
BUSQUEDA DA PERFECCIÓN/ MERA ILUSIÓN/ PÉRDIDA/ DISOLUCIÓN/ EVAPORACIÓN DA IDENTIDADE.
MICROIMPACTOS
TIPO DE ESPECTÁCULO
Suite Contemporánea Escenográfica para unha Arquitectura Deshabitada}
SINOPSE
É unha peza de investigación que estudia a interrelación entre as tres disciplinas que a compoñen: a danza contemporánea, o live cinema e a experimentación sonora, xerando un código relacional. A investigación parte dunha localización concreta para converterse nunha experiencia performática nun espazo escénico. O formato da peza está organizado en módulos-impactos cun mesmo fío conductor a modo de suite, composta por varios movementos breves de tal forma que a peza irá medrando con novos módulos ao longo da investigación.
DIZZY O’DARE
Intérprete da Compañía inglesa Dizzy O’Dare.
Compañía creada no 2008, traballa en circuitos e festivais de circo ao aberto, programa eventos, cabarets e organiza clases intensivas de circo e teatro.
BODY OF WIRES
SINOPSE
Nunha fusión de lume, danza e circo, o trío de alambristas embárcanse nunha viaxe para purificar a súa tribu.
Body of Wires pertence á compañía máis importante de Inglaterra en arame circense, formada por un elenco internacional de bailarinas en equilibrio.
Respaldado polo Arts Council England and Seachange Arts
DURACIÓN
40 minutos
PAULA QUINTAS CÍA
PLASTIC
ESTREA
28/04/2018 · Auditorio Municipal de Ourense
TIPO DE ESPECTÁCULO
Danza Contemporánea
PÚBLICO
Recomendado para maiores de 12 anos
SINOPSE
PLASTIC é un espectáculo de danza contemporánea que reflexiona sobre o rol da muller na sociedade de consumo.
A bailarina, como se dunha boneca Barbie se tratara, transpórtanos nunha viaxee dentro do seu envoltorio de plástico, baleiro por dentro e hermético ao exterior. Pero o plástico ten outras funcións que no se ven. Pode ser un elemento para conservar e preservar un contido importante. Protexer o corpo que transporta as nosas experiencias e emocións.
¿Como escollemos o que queremos mostrar e ocultar do noso corpo?
¿Que momentos vitais se almacenan nel?
¿Cales se gardan e cales se esquecen?
¿Como transformamos os nosos corpos para ocultar as nosas emocións?
¿Que deixamos transparentar a través do plástico que nos envolve?
Paula Quintas atopa o seu lugar nun terreo que mistura o teatral e o coreográfico para cuestionar o rigor que exerce a sociedade sobre a apariencia externa da muller. Un rol encorsetado do que pretende liberarse nun exercicio de ruptura dos estereotipos de control e a frivolidade desas miradas que non ven máis alá do superficial.
PLASTIC é un espectáculo que transmite un discurso positivo de liberación.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e dirección: Rut Balbís
Interpretación: Paula Quintas
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Deseño de vestiario: Fany Bello
Deseño gráfico: Fotográfica Oviedo
Fotografía: Adriana Pazos Ottón
Vídeo: Miramemira
Producción: Belen Brandido e Manu Lago
Distribución: Lilian Portela- Amarelo Distribución Escénica.
Colaboran: Galicia danza Contemporánea e Pistacatro.
DURACIÓN
45 min
Seleccionada Catálogo de Platea 2020-21
Seleccionada Catálogo de Red Castilla y León 2019
Seleccionada para Galicia Escena PRO 18
Premio Público adulto de Vigo Cultura 2019
Recomendado por Redescena · Comisión Danza 2020
UNTITLED WIRES
TIPO DE ESPECTÁCULO
Solo danza- circo para Galas de Circo.
Público: Familiar. Recomendado para todos os públicos
Distribución: Belem Brandido- Pistacatro Productora de Soños S.L.
Festival de Mujeres CAU 2017- Granada
Encuentro Profesional de Circo Pizarra 2017- Málaga
DURACIÓN
9 min
DETERMINADA COMPAÑÍA
TRÁNSITO 1
TIPO DE ESPECTÁCULO
Danza contemporánea para rúa e espazos non convencionais
PÚBLICO
Todos os públicos
SINOPSE
Tránsito 1 é unha peza curta de danza creada e bailada por Marta Alonso e Paula Quintas para Danza en Tránsito (programa do Día Internacional da Danza 2019 comisariado por Rut Balbís para a Deputación de A Coruña), celebrado o 29 de Abril 2019 na Estación de Renfe, Estación de Autobuses e Aeroporto de Santiago de Compostela.
Tránsito 1 é a danza que está presente desde que somos existencia.
Existimos, somos, estamos, transitamos, conectamos, bailamos.
Tránsito 1 é unha peza de danza contenta, danza espontánea, danza fresca.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e interpretación: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas.
Fotos: Yoshimura e Miramemira.
DURACIÓN
15 minutos