top of page

ESCULTURAS EFÉMERAS

  • paulaquintas
  • 11 mar 2019
  • 1 Min. de lectura

A partir do proceso de investigación de <Plastic> da artista Paula Quintas Santos nos achegamos ao alumnado do Ciclo de Escultura aplicada ao Espectáculo da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso para levar a cabo unha práctica arredor dos conceptos de escultura efémera e body-art vinculados ás artes do movemento. Paula Quintas, bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e Licenciada en Historia da Arte, propón nesta práctica dinámicas de diálogo entre a danza e a escultura, facendo unha retrospectiva do body-art a través de artistas de referencia como Orlan, Pipilotti Rist ou Gina Pane. > mércores 13 de marzo de 17 a 19 horas na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. > unha actividade dirixida ao alumnado da materia de Volume do Ciclo de Escultura aplicada ao Espectáculo.

 
 
 

Comments


Archivo
  • Paula Quintas e-mail
  • Paula Quintas Youtube
  • Paula Quintas FB
  • Paula Quintas IG
  • Paula Quintas Pinterest
  • X
  • Vimeo Paula Quintas
1_edited.png
bottom of page