top of page

Programación Expandida TRC Danza

Paula Quintas Santos, artista de danza e circo do noso territorio, aposta en <Plastic> por abordar o terreno da superficialidade do mundo actual. O corpo como contedor é a primeira premisa desta peza de longo formato que pon o corpo da creadora e intérprete en escena como se dunha Barbie se tratase, baleira por dentro e hermética ao exterior. O plástico como símbolo do que conserva e almacena para, en definitiva, profundizar nas experiencias e emocións que se agochan no interior. Para esta peza en solitario Paula Quintas confía na directora e coreógrafa Rut Balbís e se rodea de grandes profesionais do noso territorio como o deseñador de iluminación Afonso Castro e a deseñadora de vestiario Fany Bello. Merca a túa entrada aquí: https://www.ticketea.com/entradas-danza-plastic-teatro-rosalia-castro/

Archivo
bottom of page