UP2DOWN no Festival de Teatro Galego, FETEGA.
O Festival de Teatro Galego, FETEGA, no Carballiño, chega este ano a súa XXVII edición sendo o festival máis antigo da comunidade e convertido nun referente da cultura e do teatro galego. Así, durante os días 6, 7, 8 e 9 de setembro levaranse a cabo diferentes espectáculos pensados para tódolos públicos.
Neste marco, o venres, día 9 de setembro, no Anfiteatro ao carón do templo da Veracruz do Carballliño, terá lugar a representación da obra: "Up2Down" da compañía Traspediante.
“Up2Down” é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular.
Fuente: http://www.tempodelecerourense.com/eventos/consultar/19797/fetega_coa_obra_up2down