alma (non é hippie)
TIPO DE ESPECTÁCULO:
Danza vertical + Danza contemporánea
PÚBLICO: Recomendado para mayores de 12 años.
Coproducción Cía TrasPediante + Duelirium
Subvencianado por Agadic, Xunta de Galicia.
Distribución: Pistacatro Productora de Soños S.L
Patrocinan: Concello de Negreira, Circonove y Pistacatro, Galicia Danza Contemporánea.
DURACIÓN: 50 min
Estreno!
1 DE MARZO 2019
TEATRO ROSALIA DE CASTRO (A CORUÑA)



PRENSA
Radio Galega
Radio Voz
El Correo Gallego
La Voz de Galicia - Santiago
PRENSA
Radio Galega
Radio Voz
El Correo Gallego
La Voz de Galicia - Santiago
Croix: conferencia bailada
PAULA QUINTAS- cía
WORK IN PROGRESS
cápsula 1_ FIOT 29/10/2025
cápsula 2_CULTURGAL + D10 30/11/2025
A conferencia concíbese como un espectáculo de mediación para achegar o público a novas miradas das artes escénicas, poñendo o foco na evolución da danza e do circo contemporáneos, así como nos seus novos linguaxes e formatos. Preséntase cun enfoque didáctico e accesible, dirixido tanto a públicos non especializados como a espazos non convencionais.
Constrúese como unha experiencia escénica onde a transmisión de contidos convive coa poética do xesto, a voz, o texto, a imaxe, o son e a presenza, situándose entre a danza contemporánea, o circo contemporáneo e as novas linguaxes.
Trátase dun formato innovador e necesario dentro da oferta actual, con vocación pedagóxica e estratéxica para a creación de públicos.
MARCO DE INVESTIGACIÓN
A proposta CROIX parte dun marco académico iniciado en 2021 na Universidade de Vigo, dentro do programa de Doutoramento en creación e investigación en arte contemporánea, baixo a dirección de Carlos Tejo.
Xorde da necesidade de investigar as fusións disciplinares, as novas corporalidades e as narrativas non lineais que emerxen dende o nacemento da danza contemporánea arredor de 1950, con figuras como Merce Cunningham ou Trisha Brown, ata a actualidade, onde o circo contemporáneo comeza a fusionarse coa danza contemporánea a partir dos anos 2000.
O proxecto aborda unha revisión histórica das tendencias nas que a danza contemporánea entra en contacto coas artes plásticas e coa democratización do corpo, poñendo o foco na hibridación como concepto central. Esta análise percorre dende a danza clásica —co corsé como símbolo— ata as novas tecnoloxías e corporalidades contemporáneas.
Inclúe referencias que van dende os ballets rusos e Isadora Duncan, ata a danza contemporánea e as prácticas actuais, incorporando tamén danzas tradicionais, urbanas (como o breakdance ou o twerk) e formas como a danza vertical.
DESENVOLVEMENTO DAS CÁPSULAS
A primeira cápsula, presentada no FIOT 2025, concíbese como unha práctica interdisciplinar baseada nunha investigación doutoral na Universidade de Vigo. Afonda na conexión histórica entre danza e circo a través do corpo, do espazo e da gravidade, combinando palabra, escena e unha perspectiva autobiográfica.
A segunda cápsula, presentada no Culturgal o 30/11/2025, continúa o diálogo escénico iniciado no FIOT e formula ao público a pregunta: que é a danza vertical? Circo-danza, danza-circo ou unha disciplina no limbo da indefinición? A proposta preséntase como un xogo escénico que invita á reflexión e ao debate.
Actualmente, o proxecto continúa en proceso de creación durante 2026, contando coa co-produción do Pazo da Cultura de Carballo e á espera da resolución da convocatoria de creación da Axencia das Industrias Culturais.
FORMATO ESCÉNICO
Preséntase como unha conferencia bailada onde o corpo funciona como eixe transversal, acompañado da palabra e da imaxe para facilitar a comprensión. É un espectáculo destinado a todos os públicos, que integra dispositivos tecnolóxicos e obxectos escénicos para explorar as novas linguaxes desde unha perspectiva inclusiva e de comunicación accesible.
FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA
Dirección: Vivian Friedrich, Rut Balbís e Paula Quintas
Dramaturxia: Clara Gayo
Coreografía: Rut Balbís e Paula Quintas
Interpretación: Paula Quintas
Deseño audiovisual: Fran Rodríguez Casal
Asesoría circense: Raquel Oitavén e Mércé Solé
Vestiario: Jandro Villa
Música: Macarena Montesinos
Escenografía: Paula Quintas
Iluminación: Xacobo Castro Torres
Efectos tecnolóxicos: Arturo Cobas


