6COREÓGRAFAS

Paula Quintas presenta o seu proxecto de reactivación de espectáculos, apoiado polo Concello da Estrada e beneficiario dunha axuda ao impulso das artes escénicas da Agadic · Xacobeo 2021 · Xunta de Galicia

Desenvólvese entre 2020 e 2021 con actividades de difusión da danza para todos os públicos.

6coreógrafas forma parte do proxecto de reactivación, sendo o programa para o 2021, unha mostra de 6 espectáculos de creadoras galegas en formato de solos, tanto de rúa como escénicos. 

PROGRAMA 2021

Venres 23 de abril

·19:30h · Alameda Municipal

(en caso de choiva trasládase ao local da Praza do Mercado)

Miñaxoia de Clara Ferrao

Un corpo, unha vibración, un croque, huna fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.

Dirección: Maximiliano Sanford Monte

Interpretación: Clara Ferrão Diz

Música: Jambinai e Roger Goula

Foto: Elías Aguirre

Venres 23 de abril

·20:30h · Teatro Principal

(Para as actividades do Teatro Principal haberá que retirar un convite no departamento de Cultura 986 57 00 30 aestradacultura@gmail.com)

Bailar Agora de Marta Alonso Tejada en coprodución co Centro Coreográfico Galego

Bailar Agora é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no Presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí  e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.  


Nun mundo en constante precipitación, o tempo esgótasenos proxectándonos nun futuro que nunca chega. BAILAR AHORA propón unha atención no presente e no concreto, na carne e no movemento, no movemento que é pensamento,  investigando unha linguaxe humorística e crítica a través do movemento e a través dunha proposta escénica de danza moi física.

 

Dirección e interpretación: Marta Alonso Tejada 

Creación: Victoria P. Miranda, Pablo Reboleiro, Marta Alonso Tejada

Coreografía e movemento: Victoria P. Miranda 

Asistencia dirección e dramaturxia: Pablo Reboleiro

Asistente movemento: Sergio Perol

Iluminación: Laura Iturralde 

Vestiario: Uxía P. Vaello 

Espazo Sonoro: Xabier Bértolo 

Produción: Manu Lago e Marta Alonso 

 

Sábado 24 de abril

·19:30h · Alameda Municipal

(en caso de choiva trasládase ao local da Praza do Mercado)

Castr@ de Begoña Cuquejo (Presentación do proceso de traballo)

CASTR@ é un proxecto de danza onde se vincula a creación coa memoria histórica.

Unha peza curta de danza corporal -presencial- e de realidade aumentada 

CASTR@ fainos reflexionar sobre que é un corpo virtual, sobre como se transforman as relacións corporais co espazo.

Esta peza presenta así corpos desmaterializados.

CASTR@ atravesa diferentes temáticas como a emigración galega, o esquecemento histórico, a gripe española, a condición de ser muller, etc.

CASTR@ fai referencia ao visabó da artista exalcalde da cidade de Ourense fusilado no ano 1937, e a casas prerromanas galegas.

CASTR@ fai referencia á frase emblemática de Luz Fandiño que di que a súa xeración foi castrada intelectual e sexualmente.

Creación, dirección e interpretación: Begoña Cuquejo

Intérprete da peza na realidade virtual: Luz Fandiño

Iluminación captación 3d: Laura Iturralde

Software de realidade aumentada proceso, captación, escaneado da figura: Gabriel Lacrampe

Deseño: Paulina Funes

Produción executiva: Begoña Cuquejo e Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea

Coa axuda a xira de: Prohelvetia

Colaboran: Escenas do Cambio, Me gustas pixelad_ La Casa Encendida, La Performative, Paula Quintas, Danza Alfaia

Sábado 24 de abril

·20:30h · Teatro Principal

(Para as actividades do Teatro Principal haberá que retirar un convite no departamento de Cultura 986 57 00 30 aestradacultura@gmail.com)

Plastic de Paula Quintas

O corpo como contedor: Como se dunha Barbie se tratara que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior. Reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle da ao de fóra e non ao de dentro.

 

O plástico tamén pode ser un espazo para gardar, conservar, un espazo onde o contido ten cabida. Así, o corpo recolle no seu interior as experiencias e as emocións que nos definen. Ocultámonos nun corpo transformando a demanda do momento social que nos toca vivir. Un corpo onde se almacenan, gardan e esquecen os momentos vitais, un contedor que modela e transforma o seu físico para non transparentar o contido-emocións que o enche.

Dirección artística e coreografía: Rut Balbís

Interpretación: Paula Quintas

Vestiario: Fany Bello

Iluminación e escenografía: Afonso Castro

Produción e distribución: Belém Brandido e Manu Lago

Fotos: Miramemira, Adriana Pazos Ottón, Íñigo Rodrigo Román e Fotográfica Oviedo

Colaboran: Pistacatro, Galicia Danza Contemporánea, Centro Coreográfico Galego, Concello de A Estrada, Concello de Negreira e Auditorio Municipal de Ourense.

Domingo 25 de abril

·19:00h · Alameda Municipal

(en caso de choiva trasládase ao local da Praza do Mercado)

Vertebrata de Alejandra Balboa

 

Unha viaxe emocional no que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste corpo atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade.

É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.

 

Non deixo que nada entre en min sen retumbar, sen controlar a intensidade coa que habitan, chocan ou explotan. Ás veces parece que descansan, pero de seguido recorren todo o espazo que poden para facerse notar. Limítome a intentar apagalas. Penso, ilusa, que cando me volvan a pellizcar, entendereinas con claridade. Pero non. Non consigo que se durman. Temo que a miña paz quedará reducida aos pequenos momentos nos que o aire consiga entrar e salir do meu corpo sen dificultade.

Creación e interpretación: Alejandra Balboa

Domingo 25 de abril

·20:00h · Teatro Principal

(Para as actividades do Teatro Principal haberá que retirar un convite no departamento de Cultura 986 57 00 30 aestradacultura@gmail.com)

O raro é que bailar sexa raro de Colectivo Vacaburra · Andrea Quintana

Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia.

Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle. Con todxs nós: un corpo en rebelión.

Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografía-pirata.

Isto vai de bailar bailando.

Coreografía, creación e interpretación: Andrea Quintana

Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde y Andrea Quintana

Textos Vacaburra inspiradas por Joanna Russ e Linn-Liniker

Iluminación: Baltasar Patiño

Espazo sonoro: Davide Gonzalez + Andrea Quintana

Producción executiva: Galicia danza Contemporánea

Imaxe: Muller 6 ollos

Vestiario: Saturna

Co apoio de: Axudas a Artistas do Concello de A Coruña, Residencia de creación Residencias Paraíso do Colectivo RPM, CDG Salón Teatro. Residencia de creación en A Normal, espacio de intervención cultural.

OBRADOIROS

 

·Sábado 17 de abril

·Obradoiro para alumnxs da Escola de Artes Escénica da Estrada · Teatro Principal · 10.45 h

·Obradoiro para alumnxs da Academia de Danza Sondodance + Academia de Baile Urbano Absolute · Teatro Principal · 16.00 h

·Obradoiro para integrantes de asosiacións de MMRR + Asociación Avelina Valladares · Teatro Principal · 18.00 h

CASTR@ de Begoña Cuquejo
CASTR@ de Begoña Cuquejo
press to zoom
miñaxoia clara
miñaxoia clara
press to zoom
Bailar Agora de Marta Alonso Tejada
Bailar Agora de Marta Alonso Tejada

Foto Mila Ercoli

press to zoom
Vertebrata de Alejandra Balboa
Vertebrata de Alejandra Balboa

Foto Paulina Funes · Corpoaterra

press to zoom
O raro é que bailar sexa raro de Vacaburra · Andrea Quintana
O raro é que bailar sexa raro de Vacaburra · Andrea Quintana

Foto: Muller 6 ollos

press to zoom
Plastic de Paula Quintas
Plastic de Paula Quintas

Foto Miramemira

press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Plastic de Paula Quintas · Traspediante
press to zoom
Bailar Agora de Marta Alonso Tejada
press to zoom
Bailar Agora de Marta Alonso Tejada
press to zoom
Bailar Agora de Marta Alonso Tejada
press to zoom
Bailar Agora de Marta Alonso Tejada
press to zoom
Bailar Agora de Marta Alonso Tejada
press to zoom
Miñaxoia de Clara Ferrao
press to zoom
1/4

PROGRAMA 2020

·Residencia para a reactivación do espectáculo Plastic

Outubro 2020, Teatro Principal da Estrada

·Residencia para a reactivación do espectáculo SET

Novembro 2020, Teatro Principal da Estrada. 

·Obradoiro para alumnado da Escola de Artes Escénicas da Estrada

Decembro 2020, A Estrada.

tira logos.jpg