Diseño: Paulina Funes 2019

  • White Vimeo Icon
  • White YouTube Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Instagram Icon
  • w-facebook
  • Twitter Clean

Arquitectura da Danza

December 30, 2018

Impartido por: PAULA QUINTAS
Nivel: Iniciación
Duración: 8H
Horario: de 10h a 14h SÁBADO E DOMINGO
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 65 €
Datas: 19 e 20 de xaneiro de 2019

DESCRICIÓN
Perspectivas de improvisación corporal dende unha técnica escrita e codificada do movemento e o ritmo ata chegar ao embodiment do mesmo. Estudo das calidades do movemento e bases dunha técnica que permite ir máis aló de estereotipo. Coñecemento e integración dunha método de exploración e análise que inclúe o estudo do espazo en relación ao corpo , a calidade enerxética do movemento e a integración corpo-mente.

DOCENTE: Paula Quintas
Bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e pedagoga.realiza os seus estudos entre España e Londres, obtendo Licenciatura en Historia da Arte, Postgraduado en Conservatorie Trinity Laban e Graduada na National Centrer of Circus Arts de Londres.
É codirectora do Festival Corpo(a)terra de Ourense e traballa coa pedagoxía contemporánea de investigación corporal en Danza Alfaia en Santiago de Compostela, a sea vez imparte talleres en proxectos institucionais en Portugal e Costa Rica.
Fundadora de Projecto C-F Dance, cofundadora de Voltage Opposites Project, pertence á compañía TrasPediante e Pistacatro.
www.paulaquintas.com

 


DESTINATARIAS
Dirixido : Artistas multidisciplinares, artistas escénicos, danza, teatro, performers, músicos e artistas que queiran expandir o seu coñecemento a unha nova linguaxe corporal e musical.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO:
Bibliografía
Fotocopias

NECESIDADES DOS ASISTENTES:
Roupa Cómoda
Libreta de traballo
E MOITAS GANAS!!

Please reload

November 15, 2019

October 27, 2019

Please reload

Archivo
Please reload