Diseño: Paulina Funes/Doce Contenido 2018

  • White Vimeo Icon
  • White YouTube Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Instagram Icon
  • w-facebook
  • Twitter Clean

ENXEBRE´17 DANZA-Festival Corpo(a)terra

March 20, 2017

ENXEBRE´17 danza /Inscriptions Open 20/03
COÑECE A PARTE DXS PROFESORXS CONVIDADXS

ESTXS SON ALGUNXS  DXS PROFESORES CONVIDADXS

Fase 1. Do 4 ao 7 de Xullo
Fase 2. Do 10 ao 13 de Xullo
Día 8 de Xullo: Formación colateral e actividades corpo(a)terra
Días 6, 7, 8 e 14 de Xullo : Programación Corpo(a)terra, Festival de danza e artes do corpo de Ourense

Dúas fases de catro días, 5 horas e media de formación diarias, actividades colaterais, máis de 8 profesionais implicados e coa dispoñibilidade absoluta dun espazo no que compartir información, experiencias e danza ENXEBRE´danza aposta na súa edición 2017 por unha formación dirixida prioritariamente por mulleres. Esta decisión xorde como posicionamento firme e contraposto á tendencia xeral que fomenta a presenza profesional masculina nos diferentes Summer Intensive de danza destas características.

O programa de formación concíbese como unha experiencia intensiva e preprofesional de adestramento en danza. Trátase dunha preparación moi física para a danza dirixida por máis de 8 profesionais que imparten obradoiros durante 8 días de encontro e convivencia. Pensado para persoas interesadas nunha formación en danza de nivel medio-alta. Profesionais ou estudantes de danza e artes do movemento: circo, teatro físico, performance ; E abraza a participantes que viven a danza desde un lugar “amateur”.

Desde 2015 está en marcha este formato de programación de talleres que cada ano convoca a un maior número de participantes. Estudantes do programa e artistas involucradxs no festival, pasan a formar parte dunha convivencia entorno á danza e ao intercambio de experiencias.

ENXEBRE´danza convértese nun fervedoiro de información, creación e aprendizaxe.

Profesionais Galegxs, Nacionais e Internacionais serán os encargadxs de dirixir a actividade.

 

INSCRICIÓN E PREZOS INSCRICIÓN:
A partir do Luns 20 de Marzo

PREZOS – Prezo especial promo: 216 € programa completo (Ata o 5 de Xuño ás 23:59h) Desde o 5 de Xuño no caso de que queden prazas a cota sería de 250€
*Seguiremos detaiando os prezos por separado das diferentes actividades.

ALOXAMENTO: ENXEBRE´17 danza, non pode ofrecer por agora aloxamento ; A organización do festival está a traballar para ofrecer algunha alternativa a interesadxs. Seguiremos informando no prazo dun mes.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
1. Realizar o ingreso da cota nos seguintes números de conta: ( Triodos / ES6614910001273000057594 ) ou (A caixa /ES44 2100 6040 6402 0005 9595)
2. Enviar xustificante de pago ao seguinte correo electrónico: corpoaterra@traspediante.com co ASUNTO: Inscrición ENXEBRE´17 + O TEU NOME COMPLETO e ESPECIFICANDO no corpo do mail:
a. O programa que elixes (completo, fase 1 ou 2)
b. Nome completo
c. Número de teléfono.

PRAZAS LIMITADAS! Adxudicadas por orde de entrada.

Please reload

September 16, 2019

September 16, 2019

September 12, 2019

Please reload

Archivo
Please reload